Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 663 resultados.
Xuventude Crea: 2021

Anuario dos premios do programa Xuventude Crea 2021 que convoca a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Consta de notas biográficas das persoas premiadas nas 14 especialidades, así como de fotografías dos/as...
A peste: Inspirada na novela de Albert Camus dirección e dramaturxia Cándido Pazó

A peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus do mesmo título, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.
A historia conta o que sucede...
Todo o ano é (unha) festa

Recompilación das festividades, refráns, ditos, cantigas, crenzas, prácticas... de cada mes. Inclúense tamén referencias á onomástica, aos calendarios de diferentes épocas, aos costumes aínda vixentes en comarcas de Galicia segundo a época do ano....
Informe de literatura 2019

A colección de Informes de literatura publica este novo número, correspondente ao ano 2019. Trátase dunha edición electrónica en liña; de carácter bibliográfico; que recolle a produción literaria galega anual tanto no ámbito da creación como da...
Castillo, escultor

Catálogo do proxecto expositivo sobre o recoñecido artista Jorge Castillo, especialmente centrado na súa faceta como escultor, e con destacadas inclusións dos seus debuxos e obra gráfica.
Cadernos de fraseoloxía galega 22

Cadernos de Fraseoloxía Galega, revista científica do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dedicada á promoción dos estudos fraseolóxicos en Galicia, presenta o seu número 22. Este novo volume está composto por sete artigos de...
ArGaMed 5/2022. Verdades duplas. A verdade do texto e a verdade material. Cancioneiros e fragmentos galego-portugueses | 5, 2022

Como obxecto cultural único, singular e irrepetible, o manuscrito medieval non pode ser observado, como mero soporte a través do que é legado o texto literario. O aspecto físico dun códice pode proporcionar esclarecementos útiles para a...
ArGaMed 4/2021. As anotacións de Angelo Colocci nos cancioneiros galego-portugueses | 4, 2021

Colocci encargou realizar dúas copias dun “Libro di portughesi”, do que levou a cabo unha revisión e estudo e deixou sobre eles anotacións de tipos moi diversos. Este volume presenta a transcrición paleográfica e unha proposta de edición de todas...
Imaxes da infancia: Do 12 de xullo ao 30 de setembro de 2007

Catálogo da exposición temporal do mesmo título, que pretende cos textos e as imaxes achegar ao público o mundo da infancia e a súa representación fotográfica a través do século XX no entorno do Ribeiro.
Galician books for children & young adults 2022=Libros infantís e xuvenís de Galicia 2022=Libros infantiles y juveniles de Galicia 2022 | 2022

Catálogo en galego, castelán e inglés onde se recolle a oferta de libros infantís e xuvenís producidos en Galicia durante o ano. Inclúe a descrición dos volumes, a reprodución en cor das cubertas e a información editorial necesaria para...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »