Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 657 resultados.
Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós

"Arqueoloxía do noroeste peninsular en tempos de Nós" é unha publicación editada dentro dos proxectos que se veñen desenvolvendo para conmemorar o centenario de Nós, coa finalidade de pór en valor o traballo que os membros desa xeración levaron a...
Cuevillas e os seus contemporáneos: Epistolario

Transcrición, estudo e edición crítica do epistolario de Florentino López Cuevillas, como homenaxe no centenario da Xeración Nós.
Marcelo Macias: 175 aniversario

Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en outubro de 2018 dentro das actividades programadas do Museo no ano 2018.
Voando o pasado: Fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia

Catálogo da exposición que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en setembro de 2017 dentro das actividades programadas do Museo no ano 2017 "Voando o pasado: fotografía aérea e arqueoloxía en Galicia".
Gonzalo Torrente Ballester. La travesía de un creador

Gonzalo Torrente Ballester, la travesía de un creador comprende o catálogo da exposición do mesmo nome, coorganizada pola Xunta de Galicia na Biblioteca Nacional de España, que quere render homenaxe á figura e á obra de Gonzalo Torrente Ballester...
Mentes no labirinto. Saúde mental, cultura e inclusión: Exposición

Mentes no labirinto. Saúde mental, cultura e inclusión é o título do catálogo da exposición organizada polo Arquivo de Galicia para conmemorar o Día Internacional dos Arquivos no espazo destinado ás exposicións no edificio da Biblioteca e Arquivo...
Cadernos Ramón Piñeiro (XLVII). Luísa Villalta, en concreto

Este XLVII Caderno Ramón Piñeiro reúne un diverso abano de voces para falar da homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano 2024, Luísa Villalta. Así pois, ademais do limiar, a Cronobiografía construída por Armando Requeixo tamén serve como...
Lamazares. Inda é día (1973-2023)

Este catálogo ofrece unha visión completa e abranguente da obra de Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) ao longo de máis de cincuenta anos de carreira, ao tempo que permite abordar, na súa complexidade, unha das figuras máis...
Xoán Vicente Viqueira. Filósofo e poeta

O libro é unha presentación da totalidade da obra de Viqueira. Como profesor de filosofía no IES Eusebio da Guarda, engarza coas doutrinas de Leonardo Coimbra (Portugal), Bergson (Francia) e Risco (Xeración Nós). Como poeta, toma o lirismo da...
Croa: Boletín do Museo do Castro de Viladonga | Núm. 34, 2024

Edición do número 34 da revista Croa, órgano de expresión científica e de difusión cultural do Museo do Castro de Viladonga, elaborada polo propio centro, coa colaboración da súa asociación de amigos, con dez artigos ou...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »