Publicacións
Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.
Amosando 657 resultados.
Antón Patiño: Caosmos

Caosmos é unha aproximación á traxectoria do artista galego Antón Patiño (Monforte de Lemos, Lugo 1957), centrada nunha escolma de pezas que abrangue distintas etapas do seu labor no eido das artes plásticas, desde a súa participación na fundación...
Francesc Torres. Crebas

Crebas é un termo propio do léxico da Costa da Morte que designa todos aqueles obxectos que as mareas depositan na ribeira, como consecuencia dun naufraxio ou outras circunstancias. Baixo este título, esta publicación mostra unha...
Percorrer o tempo: Visións contemporáneas do Camiño

Catálogo da exposición Percorrer o tempo: visións contemporáneas do Camiño que reúne un amplo abano de olladas artísticas sobre a experiencia do camiño dende unha ollada contemporánea. Os 10 artistas que forman parte desta mostra achéganse a cada...
Fe Tino Martínez: 1971-2016

Trátase do catálogo da exposición que perdurará no tempo.
Dicionario de alimentación e restauración. Galego-castelán-inglés.

O Dicionario de alimentación e restauración é unha recompilación dos termos da linguaxe gastronómica e culinaria relevantes desde o punto de vista conceptual ou denominativo. O seu obxectivo é contribuír á normalización da terminoloxía...
Narradores ocasionais de comezos do século XX (1901-1916)

Volume que compila a narrativa de diversos autores que publicaron os seus contos en cabeceiras de prensa da Galicia da Terra e a Galicia da Emigración nos primeiros anos do século XX.
Céltica. Caderno de Estudos Galaico-Portugueses. Porto (1960-1961)

Na cidade portuguesa de Porto, no bienio 1960-1961, apareceu a revista Céltica, Caderno de Estudos Galaico-Portugueses, que fundou e dirixiu Manuel Oliveira Guerra. A súa curta existencia -tirou unicamente catro números- non impide que recoñezamos...
Claridad. Semanario de Izquierdas. Santiago de Compostela (1933-1934) Edición facsimilar

Claridad foi un semanario publicado entre 1933 e 1934 en Santiago de Compostela. De ideoloxía republicana e natureza bilingüe, chegou a tirar do prelo vinte e catro números. Laico e autonomista, dirixido á clase obreira, o campesiñado e o...
Verbas amigas. Estudos en homenaxe a Blanca Ana Roig Rechou

Verbas amigas reúne máis de medio cento de colaboracións escritas en homenaxe á profesora Blanca-Ana Roig Rechou por mor da súa xubilación. O volume, alén de diversos textos prologais de carácter institucional, incorpora tamén unha extensa...
Cadernos Ramón Piñeiro (XLIV). Celebración de Xela Arias. "Intempériateme". Sobre a dificultade de traducírmonos.

Vinte e catro achegas de diversos autores e autoras conforman este volume número 44 de Cadernos Ramón Piñeiro dedicado a Xela Arias. Traballos biográficos, literarios e mesmo xornalísticos achégannos á realidade vital e literaria dunha das...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- …
- seguinte ›
- última »