A peste: Inspirada na novela de Albert Camus dirección e dramaturxia Cándido Pazó

A peste: Inspirada na novela de Albert Camus dirección e dramaturxia Cándido Pazó
Material textual - Publicación en papel - Libro
ISBN-13: 978-84-453-5412-4
ISBN-13: 978-84-124754-0-1
Idiomas: Galego
Edita: Consellería de Cultura, Educacion e Universidade, Axencia Galega das Industrias Culturais-AGADIC (Santiago de Compostela)
Edición:
Ano: 2022
Temas: Cine, Teatro, Espectáculos
Colección: Colección do Centro Dramático Galego (09)
Ilustracións: cor
Encadernación: Tapa branda
Volumes: 1
Páxinas: 151
Sinopse

A peste é unha versión teatral de Cándido Pazó, inspirada na obra de Albert Camus do mesmo título, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.

A historia conta o que sucede na cidade de Orán, a través da narración do doutor Rieux, durante unha praga de peste. A cidade vese asediada e os seus habitantes acaban sometidos a unha corentena. A obra céntrase nos avatares dos habitantes encerrados, analizando como estes se enfrotan á praga e lle buscan un sentido á súa situación: primeiro, nunha loita egoísta pola supervivencia e, despois, a través do esforzo colectivo e comunitario. Ao longo dun ano, a peste progresa ata que, por fin, logran controlala e, daquela, desaparece. Entón o pobo celebra con alegría a fin da peste, salvo o doutor Rieux, que, tras o sacrificio fútil e a perda dalgúns seres queridos, só presenta un optimismo cauteloso, sabendo que a praga pode volver no futuro.

P.V.P. (I.V.E. Incluído): 13.50

Comparte