Nova: Aproximación a un modelo de transferencia en belas artes, nun seminario en Pontevedra

06/11/2014

Aproximación a un modelo de transferencia en belas artes, nun seminario en Pontevedra

O patrimonio, a xestión e o coñecemento centrou a mesa redonda que abriu o seminario, na que participou o secretario xeral de Cultural 

  • Imaxe do logo do seminario Aproximación a un modelo de transferencia en Belas Artes Imaxe do logo do seminario Aproximación a un modelo de transferencia en Belas Artes
  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na primeira sesión do seminario ‘Aproximación a un modelo de transferencia en belas artes’, unha iniciativa organizada pola Universidade de Vigo que se desenvolve ata mañá na Casa das Campás e na Facultade de Belas Artes, en Pontevedra. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na primeira sesión do seminario ‘Aproximación a un modelo de transferencia en belas artes’, unha iniciativa organizada pola Universidade de Vigo que se desenvolve ata mañá na Casa das Campás e na Facultade de Belas Artes, en Pontevedra
  • O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na primeira sesión do seminario ‘Aproximación a un modelo de transferencia en belas artes’, unha iniciativa organizada pola Universidade de Vigo que se desenvolve ata mañá na Casa das Campás e na Facultade de Belas Artes, en Pontevedra O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na primeira sesión do seminario ‘Aproximación a un modelo de transferencia en belas artes’, unha iniciativa organizada pola Universidade de Vigo que se desenvolve ata mañá na Casa das Campás e na Facultade de Belas Artes, en Pontevedra

Pontevedra, 6 de novembro de 2014.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou hoxe na primeira sesión do seminario Aproximación a un modelo de transferencia en belas artes, unha iniciativa organizada pola Universidade de Vigo que se desenvolve ata mañá na Casa das Campás e na Facultade de Belas Artes, en Pontevedra.

O patrimonio, a xestión e o coñecemento centrou a mesa redonda que abriu o seminario, na que o secretario xeral de Cultura fixo unha aproximación á actual situación dos museos en Galicia, ademais de reflexionar sobre algúns dos seus retos principais no contexto actual e no marco dos obxectivos da política cultural. Juan Carlos Román foi o encargado de moderar a mesa redonda, na que tamén participaron o director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Miguel von Hafe; a presidenta do padroado do CGAC, Sofía Santos, e dous dos padroeiros: María Luisa Sobrino e Carlos Rosón.

Coordinado por Juan Carlos Román e Javier Tudela, o seminario aborda, entre outros aspectos, cómo a arte e a creación se transforman en patrimonio, o diálogo entre universidades, museos e sociedade, así como a interacción entre arte e innovación.

Comparte