Nova: “O meu bisavó”, de Valle-Inclán, en galego

30/11/2019
“O meu bisavó”, de Valle-Inclán, en galego
Ovidio Rodeiro participa na presentación do libro “O meu bisavó” relato de Ramón de Valle-Inclán editado en galego ilustrado con apoio da consellería de Cultura
A Pobra do Caramiñal (A Coruña), 30 de novembro de 2019.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou esta tarde no acto de presentación do libro “O meu bisavó”, un relato breve inspirado na Galicia campesiña, editado en galego e ilustrado. Esta edición contou co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O acto contou coas intervencións de Antonio González Millán, coordinador do proxecto, Rocío Viéitez Ferro, tradutora, Héitor Picallo (O Carrapucho) ilustrador e Martiño Picallo (Luscofusco) deseñador.
Ovidio Rodeiro destacou que grazas ao esforzo de todo o equipo implicado neste proxecto, “logrouse definir un produto editorial de gran calidade, respectuoso con texto orixinal levado á versión galega, moi visual polas súas imaxes icónicas e cun deseño moi refinado”.
O representante do Goberno autonómico informou que tras o éxito desta edición “a satisfacción de todo o equipo levounos a plantexar a creación dunha colección de relatos vallinclanianos levados ao galego, da que este libro será o seu primer volume”.
A presentación deste libro é o colofón das XXI xornadas de homenaxe a Valle- Inclán que durante dous meses encheu de actividades temáticas o Museo arredor da figura de Ramón de Valle-Inclán en Galicia.