Nova:  ‘Descubrindo obras singulares da biblioteca de Galicia’, un dos destacados do Día do Libro

23/04/2019

 ‘Descubrindo obras singulares da biblioteca de Galicia’, un dos destacados do Día do Libro

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu á apertura da mesma na Biblioteca e Arquivo de Galicia

A efeméride tamén se celebra no Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, que ofrece un amplo abano de actividades nesta e as vindeiras xornadas

  • Descubrindo obras singulares da Biblioteca de Galicia

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu esta mañá á apertura da exposición Descubrindo obras singulares da Biblioteca de Galicia, na Biblioteca e Arquivo de Galicia con motivo da celebración do Día do Libro. Unha efeméride conmemorada a través dunha extensa carta de actividades nos diversos centros integrantes da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Entre as obras expostas, os visitantes poderán contemplar o incunable máis antigo da biblioteca, Sermones in patientia in Job, único exemplar conservado en España desta edición. Tamén se poderá ver a edición facsimilar máis pequena da biblioteca, o Libro de Horas de Dña Mencía de Mendoza, na que a calidade das iluminacións e miniaturas dan un especial valor a este famoso libro.

Outras das obras expostas serán 2 viaxes, de Xaquín Marín e Reimundo Patiño, que foi o primeiro cómic en galego, ou o Diario de La Coruña, publicación seriada máis antiga que se conserva na biblioteca e un dos primeiros periódicos editados en Galicia. Ademais forman parte da mostra pezas curiosas como os Minilibros para soñar, exemplo do fondo de literatura infantil e xuvenil que ten a biblioteca, ou un exemplar da obra Jinjyo shougaku doku hon, libro de xaponés para educación primaria que pertence á Biblioteca de Manuel Díaz Rozas, doada por Isaac Díaz Pardo.

Completan a exposición obras senlleiras da literatura galega como a primeira edición de Follas Novas, publicada na Habana en 1880, e que recolle o que Rosalía pretendía fose a continuación de Cantares Gallegos.

Día do Libro 2019

No marco da celebración do Día do Libro, a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ofrece un amplo abano de actividades nesta mesma xornada e ao longo das vindeiras datas.
 

Biblioteca

Actividade

Data e hora

Biblioteca pública da Coruña Miguel González Garcés

Visitas extraordinarias e agasallos para usuarios que leven préstamos o día 23 de abril.

23 de abril.

Biblioteca pública de Lugo

500 anos da Habana (1519-2019). Encontro literario, concerto e exposición.

 
 
 
25 de abril. 19,00 h.

Fórmulas máxicas para atopar tesouros. Narración oral a cargo de Soledad Felloza.

26 de abril. 18,00 h.
Conferencia Galeuscat.
26 de abril. 19,30 h.

Biblioteca pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma.

Ata o 30 de abril.

Charla Como acabar dunha vez por todas coa literatura galega a cargo de Diego Ameixeiras.

23 de abril. 19,30 h.

Sorteo de lotes de libros entre os usuarios que leven un libro en préstamo o día 23 de abril.

24 de abril.

Escape room de Harry Potter: escapada de Azkaban

25 de abril. 18,30 h.
Contacontos Cantos libros que contar!!!
27 de abril. 12,00 h.

Convocatoria do IX Concurso de carteis do Día das Letras Galegas

Ata o 13 de maio.
Mostra bibliográfica Bibliofilias da tribo
Ata o 31 de maio.

Biblioteca pública de Vigo Juan Compañel

Contacontos Cantos libros que contar!!!
23 de abril. 18,00 h.
Visita guiada á biblioteca
23 de abril. 18,00 h.
Contacontos Un axóuxere de contos
25 de abril. 18,00 h.
Exposición Libros e cidade
Ata o 30 de abril.

Biblioteca pública de Ourense

Contacontos Unha lectura é a mellor aventura.
23 de abril. 18,30 h.
Visitas guiadas de colexios Coñece a lectura, é a mellor aventura
23, 24 e 25 de abril. 10,00 h.

Biblioteca pública de Pontevedra

Visita dos nosos maiores á biblioteca.
23 de abril. En horario de tarde.
Mostra bibliográfica O heroísmo máis alá da viñeta.
Ata o 14 de maio.

Pódese consultar toda a información na páxina web da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Comparte