Nova: A mostra ‘Inmaterial. Patrimonio e memoria colectiva’ poderase visitar no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o 30 de xuño

16/04/2019

A mostra ‘Inmaterial. Patrimonio e memoria colectiva’ poderase visitar no Museo das Peregrinacións e de Santiago ata o 30 de xuño

A exposición inclúe case un centenar de imaxes, procedentes na súa maioría do fondo documental do Instituto do Patrimonio Cultural en España

No acto de presentación participou o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo

  • MOSTRA ‘INMATERIAL. PATRIMONIO E MEMORIA COLECTIVA’

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2019.- O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe no Museo das Peregrinacións e de Santiago na apertura da mostra Inmaterial. Patrimonio e memoria colectiva, que se poderá visitar ata o vindeiro domingo 30 de xuño. No acto tamén participaron a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López Riobóo, e os comisarios da exposición, María Pía Timón e Antonio Muñoz.

Esta exposición, enmarcada no Programa de Exposicións Itinerantes do Ministerio de Cultura e Deporte, inclúe case un centenar de imaxes, procedentes na súa maioría do fondo documental do Instituto do Patrimonio Cultural de España (IPCE), nas que se reflexan manifestacións da vida cotiá tradicional desde finais do século XIX ate a década de 1960.

As instantáneas que se poden contemplar no Museo das Peregrinacións e de Santiago, pertencente a rede da Consellería de Cultura e Turismo, están divididas en once grupos temáticos e foron tomadas, entre outros, por Eustasio Villanueva, Baltasar Cue, Luis Escobar, Pedro Ibarra, Cristina García Rodero, Otto Wunderlich ou Jean Laurent.

Entre as imaxes vinculadas con Galicia, destacan as que recollen a matanza do porco en Ourense e unha fotografía captada por Wunderlich de un afiador galego en Madrid. Ademais, a meirande parte dos procesos de traballo retratados correspóndense cos usos tradicionais do medio rural na nosa Comunidade.

Comparte