Nova: O IV Premio Literario Nortear para a mocidade escritora amplía ata o 29 de xuño o prazo para a presentación de candidaturas

11/03/2018

O IV Premio Literario Nortear para a mocidade escritora amplía ata o 29 de xuño o prazo para a presentación de candidaturas

A Consellería de Cultura e Educación, a Dirección Xeral do Norte de Cultura Norte de Portugal e mais a AECT convocan este certame para incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e lusa

  • A Consellería de Cultura e Educación, a Dirección Xeral do Norte de Cultura Norte de Portugal e mais a AECT convocan este certame para incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e lusa A Consellería de Cultura e Educación, a Dirección Xeral do Norte de Cultura Norte de Portugal e mais a AECT convocan este certame para incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e lusa

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2018.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) amplían ata o día 29 de xuño o prazo para o envío de obras para concursar na cuarta edición do Premio Literario Nortear para a mocidade escritora

Dotado con 2.000 euros, ademais da publicación da obra gañadora, o Premio Literario Nortear ten como principais obxectivos distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambas as dúas beiras do Miño, incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e portuguesa, e favorecer a circulación e distribución de obras literarias entre Galicia e Portugal, para reforzar o diálogo cultural entre os dous territorios.

O certame está dirixido a persoas nacidas e/ou empadroadas na Rexión Norte de Portugal ou en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, que poderán presentar as súas obras inéditas, de entre 5.000 e 8.000 palabras. Na páxina web de Cultura, en www.cultura.gal/premios, poden consultarse as bases completas da convocatoria.

A persoa gañadora desta cuarta edición darase a coñecer no último trimestre do ano 2018 tras a reunión do xurado, formado pola Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal (AECT), que asigna o presidente deste órgano, e por dous escritores de cada lado da fronteira, designados pola Dirección Rexional de Cultura do Norte e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

As primeiras edicións do premio

34, Rue Saint Jacques, da escritora lucense Cecilia Fernández Santomé, foi a obra gañadora do III Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora de Galicia e de Portugal. Entre 31 traballos de autores e de autoras con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, o relato da autora de Vilalba foi elixido polo xurado do certame. Na primeira edición do premio a gañadora foi a xornalista galega Lara Dopazo Ruibal, pola obra Clementina, mentres que o gañador do segundo certame for o portugués Rui Cerqueira Coelho, co relato Nós arquipélago.

 

Comparte