Nova: Administracións e entidades culturais avanzan na planificación da celebración do centenario da Xeración Nós

28/12/2017

Administracións e entidades culturais avanzan na planificación da celebración do centenario da Xeración Nós

O grupo de traballo para a coordinación da efeméride reuniuse hoxe para abordar os principais ámbitos nos que se van desenvolver as actividades

Os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística presidiron o encontro, no que participaron representantes do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, das deputacións, das universidades, da Fundación Otero Pedrayo, da AELG e dos concellos de Ourense e de Celanova, entre outros

 

  • O grupo de traballo para a coordinación da efeméride reuniuse hoxe para abordar os principais ámbitos nos que se van desenvolver as actividades O grupo de traballo para a coordinación da efeméride reuniuse hoxe para abordar os principais ámbitos nos que se van desenvolver as actividades
  • O grupo de traballo para a coordinación da efeméride reuniuse hoxe para abordar os principais ámbitos nos que se van desenvolver as actividades O grupo de traballo para a coordinación da efeméride reuniuse hoxe para abordar os principais ámbitos nos que se van desenvolver as actividades
  • O grupo de traballo para a coordinación da efeméride reuniuse hoxe para abordar os principais ámbitos nos que se van desenvolver as actividades O grupo de traballo para a coordinación da efeméride reuniuse hoxe para abordar os principais ámbitos nos que se van desenvolver as actividades

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2017.- Co fin de avanzar na planificación do programa de actividades co que se conmemorará o centenario da Xeración Nós, a Xunta de Galicia celebrou hoxe unha xuntanza co grupo de traballo que está a coordinar a efeméride, promovido pola Consellería de Cultura e Educación e do que forman parte diversas administracións e as principais entidades culturais de Galicia.

A Biblioteca e Arquivo de Galicia acolleu o encontro de traballo, no que os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, xunto con representantes do Consello da Cul-tura Galega e da Real Academia Galega, das universidades de Santiago de Compostela e de Vigo, da Fundación Otero Pedrayo, do Centro PEN Galicia e da Asociación Galega de Escritores e Escritoras, das deputacións da Coruña e de Ourense, dos concellos de Ourense e de Celanova, do Museo do Pobo Galego e do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense trataron os principais ámbitos nos que se van centrar as actividades.

Itinerarios culturais, iniciativas de dixitalización e un congreso

Para impulsar a difusión social da conmemoración do centenario está prevista unha ex-posición itinerante, que terá especial incidencia no ámbito educativo, xunto con itinera-rios culturais. O ámbito dixital tamén terá unha incidencia importante na programación, co fin de aproveitar as tecnoloxías para conservar, divulgar e poñer en valor o legado das principais figuras da xeración Nós. Outro dos eixos centrais da conmemoración será un congreso internacional no que se reflexionará sobre os principais retos e desafíos da cultura galega nos próximos anos.

O grupo de traballo para coordinar esta efeméride constituíse a raíz da xuntanza cele-brada o pasado 16 de novembro, coa que botou a andar a planificación do centenario da Xeración Nós, que se celebra en 2020, cando se cumpre un século da fundación da re-vista Nós. Boletín mensual da cultura galega.

Desenvolvemento e renovación da cultura galega

No marco desta efeméride impulsarase unha programación de actividades diversa para homenaxear o grupo de intelectuais galeguistas -Vicente Risco, Castelao, Otero Pedra-yo, Antón Losada Diéguez, Francisca Herrera Garrido e Florentino López Cuevillas, entre outros- que contribuíron co seu labor, nas primeiras décadas do século XX, ao desenvolvemento, á renovación e á internacionalización da literatura e da cultura galegas.

Comparte