Nova: Avanzan as actuacións de mellora na Casa-Museo de Rosalía de Castro

26/12/2017

Avanzan as actuacións de mellora na Casa-Museo de Rosalía de Castro

A Consellería de Cultura destina 120.000 euros a melloras na Casa-Museo de Rosalía de Castro

Román Rodríguez visitou esta tarde as instalacións, que son sede tamén da Fundación que leva o nome da autora

  • Román Rodríguez visitou esta tarde as instalacións, que son sede tamén da Fundación que leva o nome da autora Román Rodríguez visitou esta tarde as instalacións, que son sede tamén da Fundación que leva o nome da autora

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, visitou hoxe a Casa-Museo de Rosalía de Castro e sede da Fundación que leva o nome da ilustre autora galega para comprobar a evolución das obras de mellora das súas instalacións. Na visita á Casa da Matanza o conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Cómpre lembrar que o titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia e o presidente da Fundación, Anxo Angueira, asinaron un convenio de colaboración para a realización destes traballos de rehabilitación, aos que se destinan 120.000 euros. Estas obras comezaron a executarse a mediados de novembro e está previsto que se rematen antes do 24 de febreiro, Día de Rosalía, data de nacemento da autora.

As actuacións contemplan a rehabilitación xeral da envolvente completa dos edificios anexos na traseira da Casa Museo Rosalía. En concreto, o reacondicionamento da envolvente exterior, incluídas cubertas e carpinterías exteriores, canalóns e baixantes, do corpo de aseos, oficinas, arquivo, antiga casa Maruxa Villanueva e o edificio do auditorio. Así mesmo, acometerase a reforma da planta baixa da antiga Casa Maruxa Villanueva, para dar acubillo ás novas oficinas da Fundación Rosalía; e a rehabilitación integral dos antigos aseos abandonados, como aseo accesible para persoas con mobilidade reducida.

Román Rodríguez salientou a importancia destas obras para manter nas mellores condicións a instalacións nas que se homenaxea a diario a unha das principais figuras das nosas letras e dunha fundación que vén de ser galardoada cos Premios da Cultura Galega, na modalidade de Patrimonio Cultural, polo seu labor promoción do estudo, edición e divulgación da vida e obra e Rosalía de Castro, do seu esposo Manuel Martínez Murguía e dos seus fillos.

Outras colaboracións

A maiores deste convenio, o departamento de Cultura da Xunta de Galicia mantén unha colaboración activa coa Fundación Rosalía de Castro na realización de diferentes actuacións para estudar, divulgar e actualizar a obra e a memoria da poetisa; así como para ampliar os fondos bibliográficos da fundación, traballar na recompilación de material e inéditos, potenciar os traballos de investigación ou o envío de libros a centros educativos.

Entre as actividades concretas realizadas, destacan a celebración dun festival de lectura para conmemorar o Día do Libro, as programacións do Maio Rosaliano e as da conmemoración do seu pasamento, tanto en Iria como en Santiago de Compostela, ou os recitais poéticos asociados á Aula da Diversidade.

Asemade, o Museo de Belas Artes da Coruña - dependente da Consellería- acometeu en 2016 a restauración do cadro de Ovidio Murguía Árbore de montaña; adquirido pola Fundación Rosalía de Castro en 2014 . Ademais, a Secretaría Xeral de Cultura tamén colaborou o pasado ano coa restauración do piano da familia, doado por Gala Murguía á agrupación coral Follas Novas da Coruña, e depositado desde o ano pasado de novo na Fundación. Finalmente, desde o Servizo do Sistema de Arquivos, colaborouse na organización, descrición e instalación dos fondos Ramón Baltar Feijoo e Ernesto Baltar Santaló que forman parte do legado documental da Fundación Rosalía.

Comparte