Nova: Unha obra de Amparo Rubio afonda na actividade económica e fiscal da época dos Reis Católicos

21/12/2017

Unha obra de Amparo Rubio afonda na actividade económica e fiscal da época dos Reis Católicos

O conselleiro de Cultura e Educación participou hoxe na presentación deste libro editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas

  • Imaxe: Wikimedia Imaxe: Wikimedia
  • O conselleiro de Cultura e Educación participou hoxe na presentación deste libro editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas O conselleiro de Cultura e Educación participou hoxe na presentación deste libro editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas
  • O conselleiro de Cultura e Educación participou hoxe na presentación deste libro editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas O conselleiro de Cultura e Educación participou hoxe na presentación deste libro editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2017.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou hoxe na presentación do libro El reinado de los Reyes Católicos en Galicia. Actividad económica y fiscalidad regia, unha obra de Amparo Rubio Martínez editada polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) no marco da colección Cadernos de Estudos Galegos. A obra céntrase no estudo da fiscalidade da época dos Reis Católicos, desde unha mirada que percibe este como un período de novo equilibrio no reparto de funcións entre os poderes políticos e sociais baseado na aceptación da preminencia rexia. Así, analízase o efecto desta nova orde das cousas na actividade económica e comercial das principais vilas e cidades do reino de Galicia, a través da influencia de tributos como a alcabala, que gravaba o comercio.

O conselleiro salientou salientou o extraordinario labor do equipo editorial e investigador do CSIC, “que a través desde Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, realizades unha labor de divulgación científica extraordinaria”. Neste mesmo sentido, incidiu na calidade dos Cadernos de Estudos Galegos, unha publicación académica de primeiro orde, que ao longo da súa historia recolleu o traballo dos principais autores en humanidades e ciencias sociais, “tendo sempre como horizonte e referente o noso país”. Asemade, Román Rodríguez destacou o brillante currículo académico da autora do libro presentado hoxe. “Esta tripla garantía- dixo referíndose ao CSIC, á colección é á propia autora da obra- asegura que o volume que hoxe presentamos se converterá nunha referencia indispensable para todos aqueles académicos ou profanos que desexen coñecer polo miúdo a economía e a fiscalidade dunha das etapas fundamentais da historia de Galicia”.

O titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia quixo así felicitar aos investigadores do CSIC, ao equipo de Cadernos de Estudos Galegos - encabezado polo director, Isidro García Tato- e a Eduardo Pardo de Guevara, delegado do CSIC en Galicia e Director do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, polo excelente traballo realizado.

Amparo Rubio Martínez é licenciada en Historia pola Universidade Complutense de Madrid e Doutora en Historia Medieval pola mesma universidade. A súa liña de investigación céntrase neste momento no análise da facenda e da fiscalidade rexia durante o século XV e no reparto do poder político a través da participación da Igrexa, a nobreza e as oligarquías locais nas rendas reais. Asemade, ten participado en numerosos proxectos de investigación, como o dirixido por Eduardo Pardo de Guevara baixo o título Linaje, parentela y poder: la pirámide nobiliaria gallega (siglos XIII al XV) (II); ou Poder, sociedad y fiscalidad en el entorno geográfico de la Cornisa Cantábrica en el tránsito del Medievo a la Modernidad, liderado por Ernesto García Fernández.

Autora de máis dunha vintena de traballos - monografías, artigos en revistas e dicionarios especializados-, desde 2009 forma parte do Comité de Redacción do Glosario Crítico de Fiscalidade Medieval e desde o 2012 é membro da Red Temática Interuniversitaria Arca Comunis, centrada na investigación da Facenda e Fiscalidade Hispana entre os séculos XIII-XVIII.

Comparte