Nova: O FalaRedes leva Os Bolechas a Pazos de Borbén e A Bola esta fin de semana

12/10/2017

O FalaRedes leva Os Bolechas a Pazos de Borbén e A Bola esta fin de semana

A nova proposta do programa de dinamización lingüística diríxese ao público familiar con cativada dos 4 aos 10 anos de idade

O espectáculo está a percorrer ata novembro 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística

Como é habitual, a entrada a todas as funcións é libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos

 

  • O FalaRedes leva Os Bolechas a Pazos de Borbén e A Bola esta fin de semana O FalaRedes leva Os Bolechas a Pazos de Borbén e A Bola esta fin de semana
  • O FalaRedes leva Os Bolechas a Pazos de Borbén e A Bola esta fin de semana O FalaRedes leva Os Bolechas a Pazos de Borbén e A Bola esta fin de semana
  • O FalaRedes leva Os Bolechas a Pazos de Borbén e A Bola esta fin de semana O FalaRedes leva Os Bolechas a Pazos de Borbén e A Bola esta fin de semana
  • O FalaRedes leva Os Bolechas a Pazos de Borbén e A Bola esta fin de semana O FalaRedes leva Os Bolechas a Pazos de Borbén e A Bola esta fin de semana

Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2017.- O programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes’, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lle destina aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia, levará esta fin de semana os irmáns animados máis famosos de Galicia, Os Bolechas, aos concellos de Pazos de Borbén (Pontevedra) e A Bola (Ourense) cunha nova proposta de lecer en galego protagonizada por eles: Os Bolechas. De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas.

A actividade está a chegar ata novembro a 21 concellos galegos con entrada libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos programados. Na primeira das paradas da fin de semana, a primeira das citas será o sábado 14, ás 18:30 horas, no auditorio da Casa do Concello de Pazos de Borbén; a segunda será o domingo 15, ás 17:00 horas, no Mercado de Cacabelos da Bola.

Os Bolechas, no Camiño de Santiago

A actividade leva por nome De Chispa a Tatá. Imos de Moraña a Zas. Na mesma, Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.

Como é marca da casa, nesta proposta dos Bolechas para ‘FalaRedes’ a participación non se limita ao día do espectáculo, senón que se amplía e ten continuidade a través das novas tecnoloxías. Durante a actividade, o público coñecerá unha palabra máxica que lle permitirá acceder ao web osbolechas.gal/dechispaatata para seguir xogando e aprendendo e mais para conseguir ata 20 lotes dos seus libros.

Logo das citas sinaladas, a actividade continuará ata o 5 de novembro percorrendo outros dez municipios: Frades (en colaboración coa Mancomunidade da Comarca de Ordes), Padrón, Negreira, Santa Comba, Arteixo, Zas, Mos, Bueu, Ordes e Xove. Toda a información xa está dispoñible no enlace http://www.lingua.gal/dechispaatata.

‘FalaRedes 2017’

A sexta edición do programa de dinamización lingüística 'FalaRedes' mantén os obxectivos das anteriores de ofrecer propostas de lecer de calidade en galego para todas as idades e de promover, con elas, o uso e mais a valoración positiva da lingua propia de Galicia.

Desde o mes de marzo e ata finais de ano, as actividades do 'FalaRedes' están a percorrer os concellos da RDL, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir na promoción do uso da lingua galega desde as administracións local e autonómica que conta con máis de 180 entidades adscritas. Nas cinco edicións anteriores do programa foron preto de 800 as actividades programadas para públicos de todas as idades. Coma sempre no FalaRedes, en todas as actividades a entrada é libre e de balde ata completar a capacidade das salas.

Toda a información sobre esta edición dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/falaredes), nas redes sociais da RDL e na Axenda de Cultura de Galicia.

 

Comparte