Nova: O novo número da revista Bradomín afonda no legado teatral de Valle-Inclán

28/12/2016

O novo número da revista Bradomín afonda no legado teatral de Valle-Inclán

Dedícaselle ao escritor con motivo do 150 aniversario do seu nacemento

O volume está composto por cinco traballos, doutros tantos especialistas, que achegan novos datos sobre o teatro de Valle-Inclán, un xénero esencial no conxunto da súa obra
 
  • O conselleiro de Cultura e Educación participou na presentación do quinto número da publicación O conselleiro de Cultura e Educación participou na presentación do quinto número da publicación

Santiago, 28 de decembro de 2016.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recoñeceu o traballo e dedicación da revista ‘Bradomín’ á hora de afondar na figura de Ramón María del Valle-Inclán. Así o destacou con motivo da presentación do quinto número de ‘Bradomín. Revista de estudos sobre Ramón del Valle-Inclán e o seu tempo’, que desta volta lle rende homenaxe ao escritor galego máis universal con motivo do 150 aniversario do seu nacemento.

Neste sentido, o titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia explicou que esta nova edición da revista, que conta coa colaboración da Consellería a través do convenio asinado este ano pola Secretaría Xeral de Cultura e a Fundación Valle-Inclán, “permítenos seguir descubrindo o universo literario e a propia figura de Valle-Inclán, do que nos quedan, seguramente, moitas cousas por coñecer e recoñecer”, subliñou.

O quinto volume está composto por cinco traballos, doutros tantos especialistas, que achegan novos datos sobre o teatro do autor vilanovés, un xénero esencial no conxunto da súa obra literaria. Trátase de textos, en palabras de Román Rodríguez, que permiten continuar consolidando, universalizando e achegando a toda a sociedade –tanto ao público galego como internacional, da man de autores foráneos– o relato valle-inclaniano.

Enfoque interdisciplinar
En concreto, as diferentes achegas que constitúen este número son froito dos traballos de Manuel Vieites (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia), de Xaquín Núñez Sabarís (Universidade do Minho), de Gabriela Rivera Rodríguez (Universidade de Vigo), de Héctor Paz Otero (Universidade de Santiago) e de Inmaculada López Silva, profesora tamén na Escola Superior de Arte Dramática. Ademais, este número inclúe unha achega interdisciplinar a través das pinturas e debuxos do ferrolán Pedro Castro Couto, que ilustran a parte final da publicación.

O conselleiro agradeceu a dedicación de todos os especialistas que traballaron para botar a andar este quinto número de ‘Bradomín’, un agradecemento que estendeu á propia Fundación Valle-Inclán –representada no acto por Santos Oujo–, ao director da revista, José Antonio Ponte Far, e á coordinadora da edición deste número, a profesora María Eva Ocampo Vigo. Ao acto tamén asistiron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; e mais a directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo.

Distribución en bibliotecas e grandes librarías
Co obxectivo de que estas análises da obra do ilustre escritor sexan coñecidas polo público xeral, a revista distribuirase polas Facultades de Filoloxía das tres universidades galegas, polas bibliotecas públicas municipais dos concellos valle-inclanianos, así como polas das deputacións de Pontevedra e A Coruña. Ademais, estará presente na rede de bibliotecas de Galicia, así como a disposición de asociacións culturais, estudosos e grandes librarías.
 
Comparte