Nova: Uxía e Magín Blanco homenaxean a Manuel María e a Ourense co novo videoclip A Cidade

18/11/2016

Uxía e Magín Blanco homenaxean a Manuel María e a Ourense co novo videoclip A Cidade

A peza audiovisual, que contou co apoio da Consellería de Cultura, foi presentada no marco da programación Letras Galegas 2016 da Xunta de Galicia

  • A Cidade, imaxe do vídeoclip de Uxía e Magín
  • Valentín García participou esta mañá no acto de presentación da peza audiovisual que contou co apoio da Consellería de Cultura e Educación no marco da programación Letras Galegas 2016 da Xunta de Galicia Valentín García participou esta mañá no acto de presentación da peza audiovisual que contou co apoio da Consellería de Cultura e Educación no marco da programación Letras Galegas 2016 da Xunta de Galicia

Ourense, 18 de novembro de 2016.- Na recta final do ano das Letras Galegas dedicadas a Manuel María Fernández Teixeiro, Uxía e Magín Blanco lanzan un novo videoclip que completa a homenaxe iniciada polos dous músicos en Canta o cuco e Todo me fala de ti, proxecto que viu a luz da man da Editorial Galaxia en formato de libro-cedé e que subiu hai uns meses aos palcos do programa de dinamización lingüística ‘FalaRedes 2016’ nunha xira de 15 concertos en directo por outros tantos concellos da Rede de Dinamización Lingüística. A peza é tamén unha homenaxe á Cidade das Burgas e á súa xente miúda, xa que foi rodada alí entre abril e maio deste ano coa participación dos nenos e as nenas do Colectivo Re.creo.

“Rematando o ano de Manuel María, as Letras Galegas semellan querer darlle o relevo a Carlos Casares, un dos máis grandes expoñentes ourensáns, por medio deste videoclip infantil”, sinalou García Gómez, quen quixo destacar “a importancia de proxectos como o que hoxe vimos presentar para a dinamización da lingua galega nas franxas de idade máis temperás, nomeadamente a infancia e a mocidade, a través de artistas e profesionais destacados que teñen o idioma propio de Galicia como principal ingrediente da súa creatividade e que impulsan o seu uso e a súa presenza en campos tan importantes para a normalización lingüística como son o musical, o audiovisual ou o asociativo”.

Canda el e os músicos, participaron na presentación representantes das outras entidades colaboradoras: o vicepresidente da deputación ourensá, Rosendo Fernández; o vicerreitor do campus universitario de Ourense, Virxilio Rodríguez; a integrante do Colectivo Re.creo Marta Somoza e os directores audiovisuais, Marcos Nine e Otto Roca.

Os versos do poeta chairego levados ao audiovisual

No marco da programación Letras Galegas 2016 posta en marcha pola Consellería de Cultura e Educación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora, canda á Deputación Provincial de Ourense, a UVigo e o Colectivo Re.creo, nesta peza composta e interpretada por Uxía e Magín Blanco e dirixida por Otto Roca e Marcos Nine, que traspasan os versos do poeta chairego (‘As rúas do vento ceibe’, 1979) ao audiovisual.

O videoclip ten por carta de presentación dúas das voces máis coñecidas entre o público infantil galego e unha selección dos emprazamentos que conforman o imaxinario actual de Ourense, con especial atención aos seus barrios e aos edificios e espazos libres que constitúen o referente da súa cidadanía: as Burgas, o Teatro Principal, o Museo Arqueolóxico, o colexio Curros Enríquez, o cemiterio de San Francisco, os xardíns do Padre Feijoó, o parque de San Lázaro, o Campus Universitario no Hospital Vello ou a Praza de San Marcial.

‘A Cidade’

Inspirada no poema homónimo, ‘A Cidade’ fala do ambiente dunha cidade desde a vivencia que se experimenta ao percorrela no día a día, enumerando espazos e actividades urbanas e transmitindo certa idea de balbordo, diversidade e movemento. As imaxes amosan unha cidade en branco e negro que é contemplada desde a distancia por nenos que portan un globo de cor.

No interior, unha nena desgustada recibe un destes globos e inicia unha viaxe polos barrios, ao tempo que se van vendo outros nenos e nenas que tamén levan globos de cores, que camiñan, que se xuntan e que comezan a regalarlles estes globos ás persoas que van atopando. A través destes actos, a cidade vai recuperando as cores e, finalmente, todos os nenos e nenas ceiban os globos que ascenden ao ceo cara novas direccións.

O videoclip está dispoñible en aberto desde o Portal da Lingua Galega no enlace www.lingua.gal/videoclip-a-cidade.

Comparte