Nova: O secretario xeral de Cultura reúnese coa nova directora do Centro Camões en Vigo

12/09/2016
O secretario xeral de Cultura reúnese coa nova directora do Centro Camões en Vigo
É o centro encargado de difundir en Galicia, desde a súa sede na Casa Arines de Vigo, a lingua e a cultura portuguesas
Vigo, 12 de setembro de 2016.- O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, mantivo hoxe un encontro institucional con Carla Sofía Amado, a nova directora do Centro Cultural do Instituto Camões en Vigo, cargo que asumiu o pasado 5 de setembro.
Durante o encontro, o secretario xeral interesouse polas principais iniciativas que está a impulsar este centro do Instituto Camões, encargado de difundir en Galicia, desde a súa sede na Casa Arines de Vigo, a lingua e a cultura portuguesas.