Nova: O Pazo de Fonseca acolle a maior mostra retrospectiva do intelectual Montero Ríos

22/09/2015

O Pazo de Fonseca acolle a maior mostra retrospectiva do intelectual Montero Ríos

Busca poñer en valor o legado deste intelectual, xurista e político

  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta tarde na inauguración de ‘Eugenio Montero Ríos: o xurisconsulto e o político’, a maior mostra retrospectiva realizada sobre o compostelán O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participou esta tarde na inauguración de ‘Eugenio Montero Ríos: o xurisconsulto e o político’, a maior mostra retrospectiva realizada sobre o compostelán

Santiago, 22 de setembro de 2015.- Inaugurouse no Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela a mostra  ‘Eugenio Montero Ríos: o xurisconsulto e o político’, a maior retrospectiva realizada sobre o compostelán. A exposición forma parte dos actos organizados polo Ateneo de Santiago, a USC, a Real Sociedade Económica de Amigos do País, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación e o Colexio de Avogados de Santiago para conmemorar o centenario do pasamento do intelectual.

No marco deste acto, o titular do departamento de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, sinalou a importancia de recuperar e poñer en valor o legado deste intelectual, xurista e político. Neste sentido, salientou as valiosas contribucións que realizou en diversos ámbitos, fundamentais para comprender a modernización das institucións de goberno, así como a propia configuración de Santiago de Compostela. Asistiu tamén á inauguración o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

A retrospectiva fai un percorrido polo labor desta figura salientable da vida compostelá a finais do século XIX e comezos do XX que permite dar conta da súa influencia na modernización urbanística de Santiago, a través de diversos documentos históricos. Neste sentido, repásase o seu papel político durante a Restauración, ademais de como promotor de construcións civís entre as que se atopan a liña de ferrocarril Cornes-Carril, a ampliación e reforma do edificio da Universidade, a Escola de Veterinaria, a Facultade de Medicina e Hospital Clínico, o Colexio de Xordomudos e Cegos, entre outras.

Comisariada pola profesora da Universidade de Compostela (USC) Margarita Barral e polo profesor da Universidade da Coruña Pablo Costa, a exposición poderá visitarse no Pazo de Fonseca ata o 31 de outubro. Na súa organización colaboran, ademais da Consellería, a Vicepresidencia da Xunta, a Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Santiago, o Consorcio da Cidade e Abanca.
 
Comparte