Nova: Apoiáse a actividade de 11 asociacións profesionais do sector cultural galego

10/08/2015

Apoiáse a actividade de 11 asociacións profesionais do sector cultural galego

Distribúe 50.000 euros entre a Asociación Galega de Guionistas, Asociación Galega de Editores, Agapi, Agase, Escena Galega, Clubtura, AGEM, AAAG, Profesionais da Xestión Cultural, Academia Galega do Audiovisual e Traspediante

A convocatoria da Agadic, dirixida a entidades sen ánimo de lucro representativas das empresas e profesionais do sector, resolveuse polo procedemento de concorrencia competitiva

Santiago, 10 de agosto de 2015.- A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria subvencionará este ano cun total de 50.000 euros a actividade desenvolvida por 11 asociacións profesionais do ámbito cultural. Resólvese deste xeito a convocatoria de axudas dirixida a aquelas entidades sen ánimo de lucro representantivas das empresas e profesionais do sector das industrias culturais en Galicia.

Así, a Asociación Galega de Guionistas percibirá 9.330,24 euros para apoiar a súa actividade anual; a Asociación Galega de Editores, 6.960,99 euros; a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), 6.119,63 euros; a Asociación Galega de Empresas de Servizos para Eventos (Agase), 5.535,24 euros; Escena Galega (Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas), 5.037,91 euros; Clubtura (Asociación Galega de Salas de Música ao Vivo), 4.817,28 euros; Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), 3.636,11 euros; Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), 3.618,23 euros; Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), 3.013,63 euros; Academia Galega do Audiovisual (AGA), 1.687,83 euros; e Asociación Traspediante Cultura, 242,91 euros.

Actividades de promoción e apoio profesional
A través destas subvencións, a Agadic contribúe ao financiamento tanto da actividade xenérica de promoción e apoio profesional que realizan estas entidades en cadanseu ámbito, como a iniciativas concretas de formación e difusión. É o caso, por exemplo, do encontro “O novo modelo audiovisual: financiamento e distribución” da Agapi, o Curso de Emerxencias en Eventos da Agase ou o Foro Academia Aberta da AGA.

A concesión destas axudas, que manteñen a súa contía total respecto a 2014, resolveuse polo procedemento de concorrencia competitiva de acordo cuns criterios de avaliación a través dos que se analizou tanto a representatividade da entidade, como a porcentaxe de cofinanciamento, o interese xeral da súa proposta de programación e a actividade desenvolvida nos dous anos anteriores.
 

Comparte