Evento: Eclipse total

Eclipse total
venres, 26 maio, 2023 - 20:30
Teatro Rosalía Castro,
A Coruña

Eclipse total

Espectáculo de teatro.

O aire vólvese frío e o ceo empeza a escurecer. Din que algúns cans ouvean e que as abellas se amontoan colapsando a entrada das súas colmeas. Algúns paxaros voan confusos. O tempo para. Todo está en silencio. Todo é escuro. Todo suspendido... sen saber que ocorrerá... coa sensación de que poderiamos permanecer sempre nesta noite infinita... Pero uns segundos máis tarde, quizais uns minutos, ou poderían ser anos, xeracións, milenios ou eóns de existencia, o día chega de novo. Unha profunda emoción invádenos e sentimos o privilexio de sermos testemuñas dun feito incomprensible. Asistimos ao ensaio xeral dun posible final.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
23 de xullo
Campo da Feira
A xira do cuarto de século
24 de xullo
Campo do Souto
Os Bolechas e o gran reto
27 de xullo
Parque do Coto
Os Bolechas e o gran reto
28 de xullo
Edificio Cultural A Senra