Evento: Bionic

Bionic
sábado, 29 abril, 2023 - 20:30
Pazo da Cultura de Carballo,
Carballo
Espectáculo da compañía Entremans

Bionic é unha peza en formato longo para sala con música en directo, onde tres artistas recrean un universo común. Un encontro próximo onde o biolóxico e o artificial comparten territorio, sen quebrantar a capacidade humana de sentir. O corpo como colector de vivencias, que rexistra e memoriza fragmentos da vida, que desexa preservarse ante o inminente  paso do tempo. Un corpo que pretende sobrevivir ao desgaste con segundas oportunidades.

A palabra Bionic indúcenos a pensar na tecnoloxia. É a bionica como ciencia a que adopta e aplica aqueles procesos biolóxicos e o seu funcionamento ao artificial, creando un modelo moi semellante ao da súa orixe. Facendo uso deste concepto, que xa supón un cambio de estado e forma, penetrámonos no imaxinario tecnolóxico para contar a modo de reflexión unha historia que cuestiona o presente de hoxe e o futuro próximo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A invasión pirata
31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra