Evento: Luz Casal

Luz Casal
venres, 6 outubro, 2023 - 20:30
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Luz Casal

Concerto da cantautora galega.

Luz Casal é unha artesá de si mesma. Desde os inicios da súa carreira manifestou unha metamorfose continúa sendo sempre fiel a si mesma. Nestes anos de procura incansable de novos retos tratou de baixar ata o fondo, pertrechada de curiosidade para extraer os segredos ocultos da composición musical, para buscar historias verdadeiras que logo poidan ser cantadas, para descubrir sentimentos que non poden ser aprendidos. As súas cancións están traballadas a conciencia, cinceladas, puídas, voltas a escribir e a musicar antes de infundirles o último sopro e deixalas libres para que cada cal poida escoitalas á súa maneira.

Cando se observa a construción da súa insólita traxectoria profesional, dá a impresión de que viviu máis dunha vida. A súa obra é un crecente integrador que, a pesar dos quiebros, garda unha unidade e coherencia de fondo estimuladas pola súa esencia rockeira e a situación persoal da cantante co tempo e todo o que lle tocou vivir.

En cada etapa, desde a mocidade ata a madurez soubo transmitir a súa evolución achegando en cada obra o seu inconfundible selo interpretativo. 

  • Luz Casal - Piensa En Mi

Máis eventos de tipo Concerto

xxiv-ciclo-musica-para-unha-epoca
XXIV CICLO MÚSICA PARA UNHA ÉPOCA
25 de maio
Museo de Belas Artes
Coanhadeira
25 de maio
Arca da Noe
Dylan LeBlanc
28 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Festival Flamenco Riquela
29 de maio a 31 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35