Evento: Unha Ponte coa Lusofonía II

Unha Ponte coa Lusofonía II
xoves, 24 novembro, 2022 - 19:30
Centro Cultural Camöes,
Vigo

Unha Ponte coa Lusofonía II

Proxección de películas.

O próximo xoves 3 de novembro, Abella Producións vai poñer en marcha a segunda edición do proxecto Unha Ponte coa Lusofonía II, unha programación cinematográfica coa que achegará ao Centro Cultural Camões de Vigo curtametraxes e longametraxes de recente produción de Portugal, Brasil e Galicia.

A mostra trae a Vigo producións da XV edición do proxecto Novocine, da Embaixada de Brasil en España, como a película brasileira Sertânia , o filme foi o último traballo dirixido polo cineasta Geraldo Sarno que faleceu en febreiro deste ano. O filme ambientado no Nordeste brasileiro, con fotografía en branco e negro, mostra a relación entre a vida e a morte, narrado como un western tropical . A mostra tamén proxectará a premiada curtametraxe Portugal Pequeno, de Victor Quintanilla, sobre o soños e conflictos dun mozo da periferia do Rio de Janeiro.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Maroun regresa a Beirut
13 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Tres amigas
14 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
Beirut, Oh Beirut
14 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
La historia de Souleymane
15 de xaneiro
Filmoteca de Galicia