Evento: Tres amigas

Tres amigas
mércores, 14 xaneiro, 2026 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Tres amigas

Emmanuel Mouret, 2024

Joan xa non está namorada de Victor e sofre por non estar a ser honesta con el. Alicia, a súa mellor amiga, consólaa asegurándolle que ela mesma non sente paixón pola súa parella Eric e que iso non impide que a súa relación vaia vento en popa. Mentres, Rebecca, a terceira amiga, que cre no amor como unha aventura, mantén unha relación co compañeiro de Alicia, algo que ela ignora. Cando Joan decide finalmente deixar a Victor e este desaparece, as vidas e as historias das tres amigas dan unha volta.

Tras Las cosas que decimos, las cosas que hacemos Crónica de un amor efímero, o director Emmanuel Mouret segue perfeccionando a arte da comedia romántica en Tres amigas, candidata ao León de ouro e unha das grandes revelacións do Festival de Cinema de Venecia en 2024.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Curtametraxes libanesas
12 de febreiro
Filmoteca de Galicia
Introspection Tower
12 de febreiro
Filmoteca de Galicia
Adeus, Berta
13 de febreiro
Filmoteca de Galicia
Armonías de Werckmeister
13 de febreiro
Filmoteca de Galicia