Evento: Carreira Solidaria pola esclerose múltiple

Carreira Solidaria pola esclerose múltiple
domingo, 30 outubro, 2022 - 11:00
Alameda de Bouzas,
Vigo

Carreira Solidaria pola esclerose múltiple

Carreira solidaria.

A Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) lanza un berro de axuda a unha semana da celebración presencial da X Carreira Solidaria ‘Eu Móvome pola Esclerose Múltiple’, que terá lugar o vindeiro domingo 30 de outubro ás 11:00 horas na alameda de Bouzas e que arrinca hoxe na súa edición virtual. Desde a asociación, pacientes e traballadores fan un chamamento á participación social para aumentar o número de inscricións, que ata a data rolda as 500 persoas, cando na súa última edición presencial de 2019 conseguiu reunir a máis de 1.600 persoas.

A entidade alerta a través dun vídeo de problemas de financiamento debido á redución de patrocinios e o aumento dos custos da proba deportiva, que na súa maioría está a asumir a propia asociación, o que dificulta cumprir co principal obxectivo da carreira: recadar fondos para o mantemento dos servizos que ofrece AVEMPO na súa sede ás persoas afectadas de Esclerose Múltiple e os seus familiares. A pesar das dificultades, o equipo de AVEMPO non perde a ilusión e confía en que a situación mellore estes días cun repunte no número de persoas rexistradas. 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
XVI Premio Atlante de Gravado
13 de setembro a 13 de novembro
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
LecturArte
16 de setembro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións