Evento: Elas son artistas: Leticia Rey

Elas son artistas: Leticia Rey
venres, 28 outubro, 2022 - 20:30
Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo,
Santiago de Compostela

Elas son artistas: Leticia Rey

Concerto da cantautora galega.

Leticia Rey é unha cantautora galega que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira artística como compositora e intérprete.

Inicia os seus estudos musicais aos 11 anos en Vila de Cruces, o seu lugar de nacemento, comezando por solfexo e piano, continuando con guitarra e harmonía, e desembocando, aos 16 anos de idade, no inevitable, a súa chamada interior e a súa vocación máis profunda: o canto. Envórcase entón en corpo e alma no estudo da voz e do canto da man do Mestre Fernando Balboa con quen estuda durante 7 anos, e con quen continúa a día de hoxe expandindo e perfeccionando a súa técnica.

Comeza a explorar entón a creación dos seus propios temas, descubrindo un camiño de crecemento e florecemento interior que a engancha cada vez máis e que sente a necesidade de compartir co mundo.

Luminosa e mística, a súa música observa o latexar do universo, móvese entre o mundo dos soños e o mundo ao que chamamos real, inspirando melodías desde un plano espiritual e exhalándoas materializadas en sons persoais e etéreos, con tinguiduras indie e folk, que tratan de encher de paz e de conectar coas profundidades dos oíntes.

O seu primeiro single, Through The Wind, co cal inaugura oficialmente unha etapa centrada na composición e o canto, é unha pequena mostra dun proxecto que soa cunha ampla paleta de cores, unha viaxe do Sol á Luna, do consciente ao inconsciente, que evoca renovación interior e transcendencia colectiva.

  • Tal Vez - Leticia Rey Original

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións