Evento: Festa do Marisco: Lila Downs

Festa do Marisco: Lila Downs
domingo, 9 outubro, 2022 - 22:00
Explanada Puerto,
O Grove

Festa do Marisco: Lila Downs

Concerto de blues e bolero.

É unha cantante, compositora, produtora, actriz e antropóloga mexicana.

Naceu o 9 de setembro de 1968 no estado de Oaxaca, México. 

Creceu entre Oaxaca e Minnesota e estudou Canto Clásico e Antropoloxía Cultural, a base para as súas melodías diversas e as súas letras sociais. Mestura música tradicional mexicana e latina, cantando en español, en inglés e en linguas das culturas Mixteca, Zapoteca, Maya e Náhuatl.

É a filla dunha india mixteca, Anastasia Sánchez, quen se escapou do seu pobo aos 15 anos para cantar en cantinas da Cidade de México e Allen Downs, un profesor da Universidade de Minnesota.

En 1994 lanza o seu álbum debut, titulado Ofrenda. En 1996 chega o seu primeiro álbum en directo: Azuláo - En Vivo con Lila Downs.

  • Lila Downs - Zapata Se Queda (Video Oficial)