Evento: XXIV Encontros para a Normalización Lingüística

XXIV Encontros para a Normalización Lingüística
xoves, 20 outubro, 2022 - 10:00
Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2º andar.,
Santiago de Compostela

XXIV Encontros para a Normalización Lingüística

Co lema ‘Arte e lingua como ferramentas de construción masiva’.

O Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza a XXIV edición dos Encontros para a Normalización Lingüística.

Nova edición deste evento pensado para o debate arredor de temas en relación coa situación presente e futura da lingua galega. Nesta cita, que fai o número vinte e catro, o tema que nos convoca é "Arte e lingua como ferramentas de construción masiva".

Este ano, o evento quere abrir un debate coas creadoras e creadores artísticos do país co ánimo de tecer redes no sector e potenciar a lingua de xeito cooperativo, posto que, como poñen de relevo as últimas tendencias, confiamos no potencial das artes para exercer de elementos normalizadores.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
BibliotecArte: "Noctámbulos / Nightwalks" de Edward Hopper
6 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés