Evento: O delator
O delator
O delator
Proxección da película de John Ford.
Irlanda 1922. Traizón entre amigos para un coñecido filme de Ford. Rodada en menos de 3 semanas. No axitado Dublín dos anos vinte, Gypo Nolan, un tipo sen oficio nin beneficio, expulsado do Exército de Liberación Irlandés e con tendencia a empinar o cóbado, soña con viaxar aos Estados Unidos en compañía da súa moza, Katie, que se gañou a vida como prostituta. Animado pola recompensa que ofrecen as autoridades, Gypo delata o paradeiro do activista Frankie McPhillip, un vello amigo e compañeiro.
Ligazóns


