Evento: CONCERTO DE PIANO DE JAVIER VÁZQUEZ GRELA

CONCERTO DE PIANO DE JAVIER VÁZQUEZ GRELA
mércores, 27 xullo, 2022 - 20:00
Rúa Santo André/San Andrés, número 36 – CORUÑA,
A Coruña

CONCERTO DE PIANO DE JAVIER VÁZQUEZ GRELA

CONCERTO DE PIANO DE JAVIER VÁZQUEZ GRELA

Grande concerto de piano de JAVIER VÁZQUEZ GRELA, pianista e profesor no Conservatorio Profesional de Música da Coruña

DÍA: 27 de xullo de 2022 (mércores/quarta-feira)

HORA: 20:00 horas

LOCAL: Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (“Circo de Artesáns”)

Rúa Santo André/San Andrés, número 36 – CORUÑA

ACTO PÚBLICO, GRATUÍTO E ABERTO A TODA A CIDADANÍA

PARA RESERVAR CHAMAR AO TELÉFONO DO CIRCO DE ARTESÁNS: 981-222976

_______________________________________________________________________

PROGRAMA

1ª PARTE

-4 Visións fuxitivas op. 15 Clara Wieck

-Chacona para a man esquerda soa J.S.Bach/ J.Brahms

 

2ª PARTE

-Balada en Sol menor op. 23 Federico Chopin

-4 Preludios Federico Chopin

-Do Maior/Do menor

-Do Sostido menor/Re bemol Maior

-7 Preludios António Fragoso

-Muito vivo

-Muito lento

-Alegretto com graça

-Alegretto molto

-Calmo

-Andantino

-Vivo

_____________________________________________________________________

JAVIER VÁZQUEZ GRELA

Pianista nado na Coruña en 1971, onde comezou os seus estudos no Conservatorio Superior de Música cos pianistas Natalia Lamas e Rafael Sebastiá.

Especializouse posteriormente en acompañameento vogal con Miguel Zanetti en Madrid. Completou a súa formación na Academia Luthier de Barcelona co pianista Antonio Ruiz Mellado, obtendo na parte final dos seus estudos e por unanimidade do xuri o Diploma de Concertista Cum Laude.

Estreou obras de numerosos autores galegos e de compositores mexicanos e estadounidenses tanto na súa faceta de solista como na de acompañante, sendo dedicatario dalgunhas desas obras.

Desde o ano 1998 é pianista acompañante por oposición. Actualmente realiza o seu labor no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Actuou en numerosas salas de concertos de España, Holanda, México, Inglaterra, Franza, Portugal, Hungría, Rusia, Xapón e Colombia.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Coro do Hospital de Lugo (HULA)
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Mares de historias
23 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
The Long Ryders + Tesouro
24 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5