Evento: Valentina
Valentina
Valentina
Cine para os máis cativos
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa, que lle ensina a xogar ao xadrez e moitas cancións, anímaa sempre a perseverar: “Se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min, eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día!” Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para se converter en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia, a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?
Máis eventos do ciclo FalaRedes

8 de xullo, 12:00
Auditorio Municipal - Rois - A Coruña

13 de xullo, 16:30
Loñoá do Camiño - O Pereiro de Aguiar - Ourense

13 de xullo, 19:00
Área recreativa de Alongos - Toén - Ourense