Evento: Deuses de Pedra

Deuses de Pedra
xoves, 8 xaneiro, 2026 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Deuses de Pedra

Iván Castiñeiras, 2025

Iván Castiñeiras regresa ao fogar da súa infancia para profundar nas lendas e historias dos arredores. Rodada ao longo de 15 anos, Deuses de Pedra traza coidadosas liñas entre o pasado e o presente, retratando unha terra fermosa e as belas almas de quen a habita.

Que é unha fronteira? Máis aló dos moitos usos e abusos desta palabra na nosa vida cotiá, unha fronteira créana as persoas que a habitan. Este sinxelo principio é a base da maxistral ópera prima de Iván Castiñeiras: Deuses de Pedra. Narrada como unha odisea que vai e vén no tempo, a película atópase coa poboación que vive ao redor da fronteira máis antiga de Europa: a que divide España e Portugal. Desde contrabandistas ata reis, desde nenos ata pastores, esta terra de impresionante beleza convértese no escenario onde a historia se repite. Abordando algunhas das cuestións cruciais que interesan a moitos espazos periféricos de Europa, como a minería e a emigración, Deuses de Pedra mostra os efectos de decisións políticas afastadas na vida cotiá da xente común.

A película de Castiñeiras é unha verdadeira xoia, unha oda a un pobo ausente da cultura dominante, que nos conta historias de resistencia e amor, de loitas políticas e exilio, nun ciclo de vida sen fin no que as loitas cambian de forma pero seguen sendo idénticas na súa esencia. Divertida, poética e conmovedora, rodada nun sublime 16 mm, Deuses de Pedra transcende a etnografía e utiliza o cinema para buscar e atopar a alma das persoas que retrata. (Rebecca De Pas, Rotterdam)

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Blue Moon
31 de marzo
Filmoteca de Galicia
El dios de la peste
31 de marzo
Filmoteca de Galicia
El dios de la peste
1 de abril
Filmoteca de Galicia
Casablanca
1 de abril
Filmoteca de Galicia