Evento: Father Mother Sister Brother

Father Mother Sister Brother
venres, 19 xuño, 2026 - 20:30
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Father Mother Sister Brother

Jim Jarmusch, 2025

Filme composto por diversas curtametraxes en torno a unha mesma temática, como xa acontecera noutros filmes de antoloxía de Jarmusch, nomeadamente Noche en la tierra (1991) e Café y cigarrillos (2003).

Neste caso, céntrase nas relacións paterno-filiais. No primeiro dos episodios, dous fillos van visitar o seu ancián pai nunha casa illada no medio do monte en Nova Jersey, temendo que non se estea a apañar ben el só. No segundo, dúas mulleres en Dublín van tomar o té cunha nai obsesa da orde e pola que as fillas se senten presionadas. No terceiro e último dos capítulos, uns irmáns xemelgos volven á casa dos seus proxenitores en París logo do falecemento destes.

Navegando entre o humorístico e o dramático, cunha especial atención polas pequenas cousas e os momentos do cotián; e apoiándose en contidos diálogos e actuacións, Jarmusch entrega un dos filmes máis destacables da súa filmografía recente. No elenco, vellos coñecidos como Tom Waits ou Adam Driver, estrelas da altura de Charlotte Rampling e Cate Blanchett, e valores menos expostos como Indya Moore e Luka Sabbat, que desprenden gran química como os irmáns do último capítulo.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Anoche conquisté Tebas
30 de xuño
Filmoteca de Galicia
Gaudi (Cataluña)- Neutra(Austria) - Barragán (México)
14 de outubro
Biblioteca Nodal de Pontevedra