Evento: La misteriosa mirada del flamenco
La misteriosa mirada del flamenco
Comezos dos oitenta nunha pequena poboación no deserto chileno que vive dunha explotación mineira próxima. Circula unha descoñecida enfermidade que está a acabar coa vida de varias persoas e que, dise na vila, provén dunha casa rexentada por unha comunidade de mulleres transxénero. Na boca dos traballadores circula a lenda de que esta peste se transmite pola simple mirada entre dous homes cando namoran. Nestas circunstancias, Lidia, unha adolescente que habita nesta casa, medra afrontando este estigma.
Diego Céspedes levou o premio principal da sección Unha Certa Mirada en Cannes por este filme que mestura western con realismo máxico para atacar de xeito anovador un episodio baseado en feitos reais, acontecido nos primeiros pasos da epidemia da sida durante a ditadura de Pinochet.
Máis eventos do ciclo Territorios mutantes
