Evento: Papaguena

Papaguena
venres, 10 marzo, 2023 - 20:30
Auditorio Casa da Cultura do Milladoiro,
Ames
Espectáculo da compañía ButacaZero

Papaguena é unha ópera electrónica do compositor galego Iago Hermo inspirada na parella de persoas-paxaro que aparecen na célebre ópera A frauta máxica de Wolfgang Amadeus Mozart.

Papagueno é un paxareiro que acompaña a Tamino, o protagonista da peza, nas súas aventuras mundo arredor. Leva sempre consigo unha gaiola na que encerra aos paxaros que caza, e sempre está a falar dos seus intensos desexos de amor. No final da peza emparella con Papaguena, pero nada sabemos do futuro en común desta parella. Iago Hermo pon o foco precisamente neste porvir: que tipo de vida lle espera a unha muller que emparella cun ‘Papagueno’? Rematará acaso a vivir nesa gaiola que porta no lombo?

Papaguena leva ao noso presente a esta parella de personaxes que seguen a namorarse a día de hoxe en teatros de todo o mundo para facer ver que a súa sería unha relación tóxica da que Papaguena, de feito, se desprende durante a peza.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

La desconquista
La desconquista
10 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
O monstro de cores
10 de abril, 20:00
Centro Social de Abanqueiro - Boiro - A Coruña
Alicia Wants To
10 de abril, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña
Sinte
10 de abril, 20:30
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña