Evento: Verónica Ferreiro & Javier Sánchez
Verónica Ferreiro & Javier Sánchez
Verónica Ferreiro (voz), Javier Sánchez (guitarra), Moisés Sánchez (piano), Ander García (contrabaixo), Andrés Litwin (batería)
Verónica Ferreiro e Javier Sánchez, recoñecidos músicos da escena Jazz española, preséntannos o seu novo proxecto musical, no que se funden, con total naturalidade, a persoal voz e os poemas en galego de Verónica, coas composicións e arranxos de Javier. Unha obra que mira ao Jazz, pero que tamén visita a música clásica e o folclor, e está aberta á influencia de multitude de expresións artísticas.
Camiño é o título que a parella artística deu ao seu novo álbum, producido por Troy Miller; produtor de Gregory Porter ou Jamie Cullum entre outros; e que conta coa sobresaliente participación da orquestra de cordas City of London Sinfonia.



