Evento: Recital de Xabier Anduaga

Recital de Xabier Anduaga
venres, 23 setembro, 2022 - 20:00
Teatro Colón,
A Coruña

Recital de Xabier Anduaga

Concerto do tenor donostiarra.

O tenor donostiarra Xavier Anduaga, brillante gañador do International Opera Award considerado o Óscar do xénero como mellor cantante mozo de 2020, e antes do Premio Zarzuela Operalia 2019 e tamén ao Mellor Cantante Mozo do Concurso International Opera World, visitará novamente a cidade da Coruña, esta vez para ofrecernos un recital de cancións de compositores españois, romanzas e arias de ópera e zarzuela, e composicións de diversos xéneros en Eúscaro acompañado polo pianista Giulio Zappa.

Cun talento fóra do común, unha cegadora beleza vocal, un fraseo sempre impecable, unido a uns agudos prodixiosos moi difíciles de atopar, o novo tenor Anduaga convértese nun dos artistas máis especiais da lírica actual. A súa carreira foi en constante ascenso e xa é visitante habitual das grandes casas de ópera de todo o mundo. O ascenso deste novo artista non acaba máis que empezar, Seguros estamos de que nos regalará grandes momentos para a historia desta arte.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cucko in love
23 de setembro a 25 de setembro
Sala Ártika
O tranvía Leonardo
25 de setembro
Praza da Biblioteca
Ao auga pato!
25 de setembro
Centro Ágora
ToupiCiencia
29 de setembro
Casa Dr. Dopeso