Evento: Día do Teatro - Lectura dramatizada dun texto teatral
Día do Teatro - Lectura dramatizada dun texto teatral
Os textos teatrais quizais sexan dos menos lidos nas bibliotecas, por iso o día 28 de marzo aproveitando a celebración do Día Mundial do Teatro, farase unha lectura dramatizada dun texto teatral ensinando aos participantes as diferenzas cos outros textos. A lectura dramatizada é algo máis que ler, é poñer emocións en xogo, o que fai que cada neno saque ás súas propias a flote. Traballaránse valores como a amizade, a convivencia o respecto, as relacións….
Esta forma de lectura traballa a desinhibición e facilita a comunicación entre o grupo. Mediante xogos teatrais desenvolverase a capacidade de observación e a memoria visual a través do xesto corporal.
+ info e inscricións: https://www.cidadedacultura.org/gl/evento/lectura-dramatizada-dun-texto-...



