Evento: Mago Rafa: A maxia non se toca
Mago Rafa: A maxia non se toca
Meigo Rafa é un ilusionista nado en Lugo que leva máis de 15 anos traballando con dous obxectivos comúns, divertir e sorprender. Durante todos estes anos traballou para conseguir un estilo que o caracteriza, a proximidade.
Os seus espectáculos baséanse na proximidade co público, de maneira que eles marquen o ritmo da diversión para dar lugar á sorpresa.
Proximidade que utiliza para aproximar aos espectadores a un mundo de fantasía onde vive o mentalismo, as adiviñacións, as viaxes de obxectos imposibles .. pero sempre coa súa tarxeta de presentación: Un humor cotián e desenfadado para facer gozar a públicos de todas as idades.
Ten diferentes espectáculos para colexios, ceas de empresa, teatros, festas privadas etc. que se adaptan totalmente ás necesidades do cliente.
O Mago Rafa tamén recoñece a súa faceta de presentador, lugar no que sente moi cómodo porque lle ofrece un amplo abanico de posibilidades á hora de comunicar.
Foi colaborador de diferentes programas de televisión e tivo un espazo semanal de 30 minutos en Cadea Ser onde realizaba Maxia pola Radio mentres falaba da Historia da Maxia.