Evento: Mamá Muu volve a casa
Mamá Muu volve a casa
Mamá Muu volve a casa
Proxección da película de animación sueca de Christian Ryltenius.
O día no que unha cegoña viaxeira aparece na granxa, Mamá Muu pregúntase que significa realmente a palabra fogar. Como pode estar segura de que o prado e a granxa onde vive son realmente a súa casa? E se houbese un sitio mellor para vivir nalgunha outra parte deste mundo tan grande? Ao Corvo cústalle demostrar á súa gran amiga que non sempre se vive mellor noutros lares.
O filme está recomendado para nenos e nenas de 4 anos en diante e vai ser proxectado na súa versión dobrada ao castelán.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual