Evento: Miss beige: Secretos de alcoba

Miss beige: Secretos de alcoba
venres, 27 maio, 2022 - 20:30
Teatro Colón,
A Coruña

Miss beige: Secretos de alcoba

Performance participativa.

O espectador terá unha invitación para coñecer a Miss Beige e deitarse con ela compartindo así secretos de alcoba.

?O mirón?, que debe entrar en solitario, dúos ou tríos, convértese en protagonista, tendo que interpretar a insinuación. A vulnerabilidade do artista fronte á vulnerabilidade do espectador. Pero quen mira a quen? Miss Beige, en Segredos de alcoba, non nos instrúe, non nos pide, de maneira implícita ou explícita, que sexamos obedientes. Déixanos libres e aí, quizais, é onde radica a vertixe fascinante desta performance.

Dependerá do espectador o lonxe que queira ir cando senta provocado. Os límites ponos o espectador e as reflexións tamén pero xa é hora de poñer ao público, se así o desexa, nunha situación que non saiba controlar. O mirón tamén terá que xogar e arriscar.

Hai moitas maneiras de xogar e ser xogado e Miss Beige coa súa presenza coloca ao espectador nunha posición de sorpresa sen escapatoria.

E TI, ATRÉVESCHE A SER BEIGE?

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia