Evento: Inventio

Inventio
venres, 13 xaneiro, 2023 - 20:00
Teatro Colón,
A Coruña

Inventio

Unha viaxe ao sensible.

Inventio é un espectáculo familiar de gran formato no que conviven a comedia e o drama, a danza, o ilusionismo e as artes circenses. Inventio é unha viaxe sensorial, un camiño de regreso á sensibilidade a partir da tradición e a modernidade. 

Cunha atmosfera máxica e unha posta en escena futurista, Inventio recupera a paisaxe, os costumes, a música, a arte ou a arquitectura de Galicia nun espectáculo delicado e cegador, cun ritmo vertixinoso, nunha gran produción con ecos do cinema futurista de Stanley Kubrick, Ridley Scott ou Denis Villeneuve que non é senón unha viaxe cara a todo iso que nos fai humanos: a nosa capacidade de sentir.

Unha viaxe sensorial, delicado e cegador, cun ritmo vertixinoso e ecos do cinema futurista. 

Ano 2094. O noso mundo é branco, aséptico, limpo, ordenado. O noso universo é frío e tan impersonal como o quirófano dun hospital. Deixamos  de sentir e de comunicarnos. Aterramos no futuro, si, pero perdemos a memoria e a emoción. 

Galicia. Último ano Xacobeo deste século XXI. Unha troupeformada por un ilusionista, seis bailaríns e sete artistas de circo comproban que xa non existe o Camiño de Santiago, xa ninguén o lembra. Non quedan peregrinos nin un camiño que percorrer xuntos. Tampouco a auga ou a choiva, o son das gaitas, o verde dos campos ou a pegada do mar na area. Nin un só rastro, nin un só recordo. 

Que foi todo aquilo? Onde quedaron a viaxe, a procura e o descubrimento? Onde foi a parar a sensibilidade? Son as preguntas que guiarán a esa troupecircense, empeñada nunha misión: reconstruír a súa identidade cultural. Sobre as táboas, os artistas ven envolvidos nunha aventura sen igual. O pasado tócalles mágicamente e unha forza sobrenatural transformaralles.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas presentan... Un Nadal máxico
15 de decembro
Salón de actos do Picouto
Palabras
15 de decembro
Auditorio Municipal
Mofa & Befa - Pirolíticos
15 de decembro
Centro Social Polivalente
Palabras
16 de decembro
Praza do Concello