Evento: EMHU 2022: Car de Lorenzo, Xurxo Carreño, O Cellas e Animalize21

EMHU 2022: Car de Lorenzo, Xurxo Carreño, O Cellas e Animalize21
sábado, 7 maio, 2022 - 19:00
Teatro Colón,
A Coruña

EMHU 2022: Car de Lorenzo, Xurxo Carreño, O Cellas e Animalize21

Encontro mundial de humorismo.

Car de Lorenzo, Xurxo Carreño, O Cellas e Animalize21 presentan Sen datos non hai paraíso.

Catro estrelas da comedia en redes sociais xúntanse para presentar en exclusiva mundial o seu primeiro espectáculo de comedia en vivo. O Cellas, Car de Lorenzo, Xurxo Carreño e Animalize21 xuntan entre os catro máis de 19 millóns de seguidores. Se todos os seus followers decidisen vir ver o show, a cola chegaría ata Sebastopol, así que non o deixes para o último día. Cada un deles, por separado, son referentes en Instagram, en Youtube ou en Tiktok e agora temos a ocasión de ver aos catro en vivo sobre un escenario.

Sen datos non hai paraíso -the laif expiriens- é un show teatral con forma de programa de televisión no que se mesturan as linguaxes de Youtube, Instagram e Tiktok. O Cellas ten, por primeira vez, a súa propio Latexa Night, o seu propio show, e alí visitarano unha impredicible fauna de invitados que tratarán de sorprendelo con sketches, monólogos, vídeos, dobraxes e cancións. Todo en vivo, todo en directo e todo no Teatro Colón da Coruña, dentro do EMHU.

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia