Evento: Ciencia de ida e volta

Ciencia de ida e volta
luns, 20 decembro, 2021 a venres, 10 xuño, 2022
Unidade de Cultura Científica e da Innovación,
Vigo

Ciencia de ida e volta

Actividade de divulgación científica

O obxectivo xeral do proxecto é precisamente a promoción e difusión da cultura científica e tecnolóxica entre os diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía en xeral. E é desa idea da que parte o nome «ida e volta». Un concepto que trata de ejemplificar o movemento circular da ciencia; como as investigacións científicas poden aplicarse na sociedade e mellorala e como esta mesma promove novos retos e novas ideas. A unión de ambos é a que consegue que a ciencia teña sentido, que se poida seguir investigando e que se poidan aplicar os avances no día a día.

Algunhas das propostas que se acollen neste plan son as seguintes:

- Formación para o persoal investigador

- Exposición itinerante 100 lúas cadradas

- Concurso de vídeos

- 11F na UVigo

- Feira científica

- Podcasts

- Embaixadores de ciencia e de coñecemento

- Taller de astronomía

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación ao teatro
6 de xuño a 5 de setembro
Centro Social Liceo de Rianxo
A botica do Castro de Viladonga
26 de xuño
Museo do Castro de Viladonga
Obradoiro de papel
27 de xuño a 30 de xuño
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel