Evento: O Parke do Crepúsculo

O Parke do Crepúsculo
mércores, 5 outubro, 2022 - 20:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

O Parke do Crepúsculo

Espectáculo de teatro.

Diversas persoas baixo o mesmo teito ilegal: unha que traballaba nunha empresa de desafiuzamento, outra que ten un hospital de obxectos perdidos para a sociedade, unha pintora amadora idealista que cre no decrecemento, unha doutoranda que debe acabar a súa tese sen un can, unha que escribe dende a atalaia da cultura que ninguén comprende...
Todas se xuntan nunha casa abandonada preto do parque do crepúsculo, a carón do cemiterio. O que fan non é legal, okupar a casa, e, ao tempo, é de xustiza para as súas vidas e o seu xeito de pensar.
O moral vai contra o legal. Coñeceremos as súas arelas, o seu intento por vivir doutra maneira nunha sociedade en perigo de alienación.
Iremos descubrindo como o seu pasado as foi levando a ser okupas e como loitan, cada unha ao seu xeito, por ter
algo ao que poder chamar futuro. O que se pretende amosar é sinxelo: outros xeitos de vivir son posibles.
Cando todo parece levarnos á distopía, é hora de volver buscar a utopía.

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia