Evento: As praias de Agnès
As praias de Agnès
As praias de Agnès
Proxección da película francesa de Agnès Varda.
Volvendo ás praias que marcaron a súa vida, Varda crea con 'As praias de Agnès' unha especie de autodocumental, Agnès colócase en escena en medio de extractos dos seus filmes, imaxes e reportaxes. Comparte con humor e emoción os seus inicios como fotógrafa teatral, logo como cineasta innovadora nos anos 50, a súa vida con Jacques Demy, o seu compromiso feminista, as súas viaxes a Cuba, China e Estados Unidos, a súa carreira como produtora de cinema independente, a súa vida familiar e o seu amor polas praias.
Ligazóns


