Evento: Mulleres bravas defensoras da terra

Mulleres bravas defensoras da terra
mércores, 23 febreiro, 2022 a mércores, 15 xuño, 2022
Universidad de Vigo,
Vigo

Mulleres bravas defensoras da terra

Curso de concienciación organizado pola UVigo, Amigos da Terra e Enxeñería sen Fronteiras.

A través da conexión das realidades de Honduras e Galicia, abordarase unha reflexión sobre os impactos ambientais e sociais do noso actual modelo de consumo e desenvolvemento, así como alternativas sustentables de xestión dos recursos que demostren que existe outro modelo de producir, consumir e vivir.

Ademais, a loita pola xustiza de xénero é central e transversal a todo o proxecto. Empeza co recoñecemento do relevante papel que xogan as mulleres no sustento e a protección da vida ?tanto no ámbito familiar como na defensa do territorio? e sendo conscientes ao seu mesma vez dos perigos e abusos que enfrontan no seu activismo polo simple feito de ser mulleres.

Este curso estrutúrase a modo de itinerario formativo con seis sesións; presenciais e en liña. A súa modalidade é por tanto semipresencial.

Máis eventos de tipo Obradoiro

“Estudar é + doado se sabes COMO” (6ª Sesión)
31 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Obradoiro de Halloween
31 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Investigación de mensaxes secretas
31 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
20251105_cartel_cualedro
A muller na ciencia
5 de novembro
CEIP Vicente Risco