Evento: Inocentes
Inocentes
Son 38 diálogos atemporales que poden reflectir o sufrimento da poboación en calquera tempo ou lugar. A mostra tamén evoca esperanza, fala sobre a construción dunha sociedade cimentada no "ser humano" sen apelativos, unha sociedade que non se confina pola diferenza, que crece na diversidade e no respecto.
O artista visual García de Mariña utiliza o obxecto como medio de expresión desde o ano 2011. O seu traballo vira ao redor da intuición e ás ideas, ao surrealismo e ao mundo do subconsciente e dos soños.
Desde o ano 2011, as súas distintas mostras percorreron o mundo, chegando a Rusia, Romanía, Arxentina, Etiopía, Suecia, Myanmar, Estados Unidos, Serbia, Alemaña, Bélxica ou os Emiratos Árabes, de onde acaba de retirar a súa última exposición na sexta edición do Xposure International Photografy Festival, que acolleu a unha selección de 57 fotógrafos de todo o mundo.



