Evento: Bailar agora

Bailar agora
sábado, 22 xaneiro, 2022 - 20:00
Auditorio municipal ,
Cedeira
Espectáculo de danza a cargo de Marta Alonso Tejada e Traspediante

Bailaríns: Marta Alonso Tejada e Sergio Perol

“Bailar es alcanzar la palabra que no existe, cantar una canción de mil generaciones. Sentir el significado de un momento” 

Beth Jones

BAILAR AGORA é unha sorte de imperativo cara a un posicionamiento no Presente, social e persoal, a través da danza. Un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o que estamos a facer e cómo estamos a vivir o aquí  e o agora. A proposta sobre como facelo é clara: Bailando.  

Nun mundo en constante precipitación, o tempo esgótasenos proxectándonos nun futuro que nunca chega. BAILAR AGORA propón unha atención no presente e no concreto, na carne e no movemento, no movemento que é pensamento,  investigando unha linguaxe humorística e crítica a través do movemento e a través dunha proposta escénica de danza moi física.    

BAILAR AGORA pon en contacto á bailarina e creadora Marta Alonso Tejada coa bailarina e directora internacional Victoria P. Miranda.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Rastros
27 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
Dreaming Juliet
27 de maio, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Os nenos da varíola
27 de maio, 21:00
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra
Cris, pequeña valiente
28 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña