Evento: Tranvía Nadal

Tranvía Nadal
xoves, 23 decembro, 2021 - 19:30
Local Social da Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos (Baio),
Zas

Tranvía Nadal

Actividade integrada no programa Nadal en Rede

No País do Vento, o Tren do Ano é longo e nunca para. Pasa por 4 estacións, 12 meses, 52 semanas, 365 días... Moito traballo para un só tren! O que ninguén sabe é que o Tren do Ano colle vacacións: en decembro, descansa. No seu lugar, polas vías da vida troupelea un tranvía pequecho, brillante, especial, cheíño de sorpresas e de agasallos. É un tranvía que vai vestido de festa: o Tranvía Nadal. Cando pasa, o sol queda quieto no ceo. Non é de estrañar. Ese tranvía garda tantas marabillas que ata o sol devece por descubrilas. No Tranvía Nadal conviven mitos e contos de distintas culturas: historias sobre o ceo e a natureza, sobre o lendario Papá Noel e as festas que traen a luz nos días máis fríos e escuros, sobre banquetes entre xente querida e a maxia de espertar á primavera... Ademais, no chucutrán, chucutrán chucuTranvía Nadal tamén hai bailes e música a manchea. Con Charo Pita, María Faltri e Jorge Juncal.

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia