Evento: Algún sitio ao que voltar

Algún sitio ao que voltar
domingo, 5 decembro, 2021 - 20:00
Teatro Ensalle,
Vigo

Algún sitio ao que voltar

Espectáculo de teatro.

Cousas. Tentar cousas novas. Tentar cousas novas e refugalas. Calibrar. Comparar. Quitarnos de no medio co corazón cheo de desprezo cara ao que nos rodea e á vez vencidos e seducidos por este mundo brillante e ficticio que oculta unha monstruosidade inexplicable. A ese mundo repugnante entregamos as armas. E rendidos emprendemos viaxe a algunha fronteira. Afastada e descoñecida. Quizá a festexar o coñecemento adquirido nesta viaxe sen sentido.Ou a festexar esta derrota grandiosa e sen paliativos. Ou a festexar ambas as cousas á vez. Ou festexar sen motivo algún. Ou a repensalo todo nese territorio fronteirizo e difuso co mesmo desenvoltura e entusiasmo con que empezou esta desastrosa viaxe. Estamos dispostos a desempoar as antigas ideas. As palabras abandonadas nos recunchos. Algúns desexos refugados. E tendelo todo ao sol. Aventarlo todo. Sen finalidade algunha. Sen xeito nin dereito.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal